Exposición de Marisa Martorell hasta el 31 de enero

Exposición de Marisa Martorell

Hasta el 31 de enero está abierta a visitas la exposición de Marisa Martorell en el espacio de arte del Campus Stellae. Un privilegio contar con esta gran y reconocida artista en nuestro espacio.

Os dejamos una galería de imágenes con sus obras, siempre llenas de fuerza y con un estilo muy reconocible, impregnado de feminidad y energía, las cuales todavía estáis a tiempo de visitar en el Campus Stellae, en la Plaza de la Quintana nº3 de Santiago de Compostela.

Compartimos también su entrevista en la TVG, quienes tuvieron estas hermosas palabras para con la autora:

A beleza e a actitude ou a beleza da actitude. Ser feminista sen renunciar nin a un chisco de feminidade. A arte tamén ten a virtude de empoderar a muller e o mundo feminino. Filla das rebeldías estéticas e dos inconformismos sociais da época pop, Marisa Martorell teno moi claro na súa pintura, metade cómic, metade documental dun universo feminino que non se rende.

Ao entrarmos no espazo Campus Stelae recíbennos mulleres xigantes de mil cores, cunha grande luz e enerxía nos trazos. Fiel reflexo da autora, Marisa Martorell, unha muller cun acolledor sorriso que emana a alegría da vida que asegura recibir todos os días na súa profesión de matrona. Declárase ambivalente e ambiorgullosa pero o primeiro para ela é o debuxo, o seu refuxio.

Non é consciente de cando lle empezou a fascinar o mundo feminino e compárase cunha couza sempre atraída pola forza, a vida e a maxia de mulleres empoderadas. Arte pop que bebeu das transgresións estéticas da súa mocidade e da rebeldía e inconformismo feminista do momento.

A idea de sacar a arte ás rúas levouna a crear a liña de bolsos pintados en lenzo My mom did it, a miña nai fíxoo, como non, con retratos de mulleres que saben o que queren.  

Marisa Martorell estará en Santiago ata finais de mes. Logo na Coruña ou Madrid, pero sempre leda se mira os visitantes marchar cun sorriso grazas á súa poderosa conexión co mundo feminino, como un cordón umbilical que nutre a súa arte.

 

Enlace: http://www.crtvg.es/informativos/marisa-martorell-arte-pop-feminista-e-feminina-en-santiago

 

¿Te gustaría exponer con nosotros? Contáctanos sin compromiso, te informaremos sobre nuestros espacios y servicios:

 

 

 

 

Scroll al inicio